33
O Concello de Ponteceso quere poñer en valor o Fuso da Moura e agarda que algún día sexa público, dentro do plan de Megalitismo da Deputación da Coruña. Trátase dun lugar situado no Monte Nariga, nos lindes do Concello co de Malpica. Chámase así pois parace ser que alí houbo unha anta que tiña a figura dun fuso no que se supón fiaba unha moura. Hai noticia da existencia naquela zona de covas con tesouros e asegúrase que foi lugar de enterramento dos devanceiros. Para impulsar desde o mundo da educación a recuperación deste monumento, o Concello contratou un estudio dunha empresa de arqueoloxía e agora colabora cos organizadores da Xornada do Megalitismo na Costa da Morte, que se vai celebrar o 8 de outubro no Couto.