O reforzo da seguridade viaria e a mellora do estado das estradas continúa sendo unha prioridade para o goberno local. Así o demostran as actuacións recentemente concluídas na parroquia de San Martiño de Cores, entre os lugares de Cores e Santa Cruz.
As obras, executadas a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Rural, materializáronse na renovación do pavimento entre ambos os lugares da parroquia.
O alcalde, José Manuel Mato, apunta que a colaboración entre administracións continúa sendo «esencial para facer realidade as peticións da veciñanza». O rexedor explica que nos vindeiros meses se manterá «esta liña de traballo, apostando por seguir realizando intervencións de mellora da seguridade viaria en todo o termo municipal».