O Concello de Ponteceso renova as varandas e pasamáns de varios espazos

1 minutes read
  • O rexedor sinalou que a varanda do malecón pertence a Costas, que xa foi avisada da necesidade do cambio

O Concello de Ponteceso continúa mellorando as súas infraestruturas intentando dar resposta ás peticións realizadas pola veciñanza. Nestes últimos días quedaron instaladas novas varandas en Corme-Porto (no tramo de subida á Agra de Rodríguez) e na rúa Santander.

Tamén se colocaron elementos de seguridade á veira do río do Petón, en Tella. En concreto renovouse a varanda e creáronse unhas novas escaleiras que darán máis seguridade aos transeúntes. No percorrido de Matigueira a Currás instalouse un pasamáns.

O rexedor, Lois García Carballido, móstrase contento co resultado e lembra que a varanda que se atopa preto do malecón pertence a Costas do Estado, entidade que «xa fora avisada para que a cambien».

Subida a Corme-Porto_Concello de Ponteceso