0
Mostra diso foi un encontro entre o alcalde xalleiro, Alberto Romar, e o presidente da Asociación de Empresarios Diego Vilas. Romar brindábase a apoiar as iniciativas empresariais locais e ambos coincidiron na necesidade de colaborar para que os eventos realizados pola entidade se instalen con vocación de permanencia e continuidade no municipio, empezando a posicionalo como un referente sectorial e permitindo que tanto o tecido empresarial como o social se beneficien das dinámicas positivas que producen este tipo de concentracións na promoción da economía local.