O Alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, remitiu unha queixa formal dirixida ao Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Na misiva, ademais de trasladar o desconcerto e a preocupación pola situación da diminución notable na calidade da atención do servizo de pediatría na vila, o mandatario aproveita para reiterar a petición de dotar ao PAC de Santa Comba cun servizo de Raios, posto que as máis de 13.000 persoas ás que dá servizo o municipio teñen que desprazarse a Muros ou a Santiago para poder satisfacer esa necesidade básica.
Así mesmo, Romar tamén quixo facer fincapé nunha das reivindicacións que considera básicas e pola que non deixará de loitar ao longo de todo o seu mandato: que sexa o Sergas quen cumpra coas súas competencias e se faga cargo do mantemento do centro de saúde, posto que os custos do mesmo, no que a persoal e gastos se refíre, son unha laxa inasumible para os pequenos concellos do rural.
Con todo o anterior, o Alcalde de Santa Comba, solicita unha reunión co Conselleiro para poder tratar de forma seria e pormenorizada estes temas, tentando así darlle solución á maior brevidade posible.