O Concello de Santiago convoca axudas para o comercio local

  • Hai dúas liñas de actuación: unha para reforma e adecuación de locais e outra para gastos de comunicación realizada en galego

Os departamentos de Lingua e de Comercio volven xuntarse para outorgar novas axudas para o pequeno comercio, dentro do programa Coidar para mellorar, mellorar para coidar.

O Concelllo destinará 40.000 euros a esta convocatoria, que conta con dúas liñas de axuda: unha para reforma e adecuación de locais e outra para gastos de comunicación realizada en galego. Na reforma dos locais inclúense obras que melloren a distribución, a funcionalidade ou a accesibilidade do mesmos. A outra liña de axudas destínase a procesos de mellora comunicativa nos que se inclúa a lingua galega, o que pode incluír campañas publicitarias ou outras iniciativas de comunicación en galego.

Beneficiarios, gastos subvencionables e solicitudes
Son subvencionables os gastos, cun mínimo de 600 euros, realizados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, sempre que se adecúen ás bases da convocatoria. As cantidades as subvencións asignaranse en función das solicitudes que se presenten e dos puntos que obteñan, non podendo superar, en calquera caso, o 80% do gasto. A contía máxima é de 5.000 euros en cada unha das liñas, que son compatibles entre si.

Na convocatoria terán preferencia os comercios polo miúdo, do municipio de Santiago de Compostela, cuxa actividade principal estea incluída nalgunha das epígrafes marcadas nas bases. Se non se cobren os fondos dispoñibles, poderán tamén optar outro tipo de empresas. Exclúense os comercios localizados no ámbito do Plan especial de rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1) para as actuacións de adecuación física dos locais, que deberán concorrer á convocatoria do programa Localízate do Consorcio de Santiago.

Consulta as bases nos seguintes enlaces: comercio.santiagodecompostela.gal ou en coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha