O Concello de Santiago aposta por un programa de saúde bucodental para persoas sen recursos

Fonte: santiagodecompostela.gal

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este luns o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero, para dialogar sobre o papel da Facultade de Medicina no casco histórico de Compostela e sobre futuras colaboracións.

En particular, segundo anunciou o alcalde, o Concello vai colaborar coa Facultade de Odontoloxía nun programa que permitirá o acceso á saúde bucodental de persoas sen recursos. Esta iniciativa estará incluída nos orzamentos de 2020.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha