O Concello de Santiago lanza un simulador do Ingreso Mínimo Vital

Imaxe do simulador_Concello de Santiago

  • A partir do 16 de xuño haberá dous puntos de información presenciais na cidade para aclarar consultas e dar apoio personalizado

A Área de Emprego do Concello de Santiago está impulsando diversas medidas de consulta e apoio para facilitar a información sobre esta prestación non contributiva á cidadanía máis vulnerable da cidade. Así, este luns, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o técnico municipal responsable de Emprego, Xavier Ferreiro, presentaron un simulador do Ingreso Mínimo Vital, que permite consultar de forma moi sinxela o cumprimento dos requisitos para percibir esta prestación e mesmo en que contía económica.

Esta aplicación pódese visitar na páxina web www.simuladorimv.com e poderá ser consultada libremente.

No caso de que se cumpran os requisitos e sexan persoas empadroadas en Santiago, o Concello ten habilitado un servizo de consulta e información sobre o IMV (Ingreso Mínimo Vital) para a cidadanía da capital galega. Tras completar satisfactoriamente o simulador, terán acceso á sección de consulta, e incluso poderán solicitar cita previa nos puntos informativos do IMV que estarán dispoñibles dende mediados de mes en Santiago.

Puntos de información e consulta do IMV na praza de Abastos e en Área Central
A partir do 16 de xuño haberá dous puntos de información presenciais na cidade: un situado no Centro Comercial Área Central e o outro Mercado de Abastos. Nestes puntos informativos, as persoas que o desexen poderán recibir apoio personalizado, información e aclarar consultas acerca do Ingreso Mínimo Vital.

Características do Ingreso Mínimo Vital
O IMV é compatible coas rendas de traballo, facendo que a súa percepción non desincentive o acceso ao emprego das persoas beneficiarias.

Segundo indicou o alcalde na rolda de prensa, este Ingreso Mínimo Vital podería beneficiar a unhas 1.300 familias (máis de 3.500 persoas), dato que extraeu a partir do número de familias que actualmente fan uso do vale especial de compra posto en marcha polo Concello de Santiago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha