O Concello de Vigo adaptará o túnel de Beiramar á norma europea de seguridade

1 minutes read

A cidade renovará o paso inferior baixo a Avenida de Beiramar para adaptar os seus sistemas de seguridade á normativa europea. Ao efecto, o Concello reserva 1,5 millóns de euros para un contrato que vén de ser adxudicado na Xunta de Goberno Local celebrada este pasado venres.

“É moi importante, estamos falando de extremar a seguridade do túnel de Beiramar”, valorou Caballero, e de “cumprir todas as normativas europeas de seguridade en túneles”. O alcalde manifestou que “queremos os túneles de Beiramar coa seguridade da segunda metade do século XXI”.

Abel Caballero detallou que os traballos previstos contemplan mellorar a iluminación, renovar o cableado para adecualo á protección contra incendios, ampliar as luces de emerxencia e instalar novos cadros eléctricos e detectores de gases de monóxido de carbono e de nitróxeno. O Concello de Vigo tamén cambiará os armarios SOS de atención en caso de emerxencia ao longo do quilómetro e medio no que se actuará.

Unha vez finalizadas as obras, que previsiblemente terán afeccións puntuais sobre o tráfico rodado, o túnel de Beiramar disporá de novos sistemas de megafonía, paneis de mensaxería, cartelería informativa para evacuacións e un novo software para o control e vixilancia do paso soterrado.