O Concello de Vigo adica 2,5 millóns á renovación de luminarias LED en toda a cidade

1 minutes read

A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación do subministro para a instalación de luminarias LED e outros elementos da rede de alumeado viario. Cun importe de 2,5 millóns, o Concello renovará a iluminación da cidade co obxectivo de avanzar na mellora do servizo conseguindo máis luz con moito menos custo.

Camiño Laranxo

O goberno local validou, así mesmo, a contratación das obras de humanización do Camiño Laranxo, en Teis. O proxecto, de 105.886 euros, prevé a construción dunha beirarrúa de 1,50 m de ancho e 300 de lonxitude, así como a renovación de canalizacións, sumidoiros, pozos de rexistro e alumeado.