31
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo un encontro coa delegada da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Trapote, para comezar a busca de ubicación para a sede da Administración de asistencia Dixital Integral de Galicia que comezará a funcionar en outubro na cidade. Tal e como informara o rexedor cando a ministra de Facenda lle trasladou a noticia, esta unidade administrativa, que reunirá a un centenar de funcionarios, dependerá directamente de Madrid. Caballero agradeceulle de novo á María Jesús Montero a elección de Vigo para instalar un servizo que ten por obxectivo mellorar a atención aos contribuíntes con medios telematicos.