O Concello de Vigo comeza a obra de cubrición do patio do colexio Pintor Laxeiro

1 minutes read

O alcalde vigués, Abel Caballero, acudiu ao CEIP Pintor Laxeiro polo inicio da obra de cubrición do patio, que ten un prazo de execución de 3 meses e un orzamento de 185.140 euros.

Segundo explicou o rexedor, crearase un espazo cuberto “para os días de mal tempo e permitir o uso do patio exterior da zona infantil cunha estrutura metálica cuberta”

Caballero lembrou que o Concello xa cubriu 6 patios en colexios de Vigo cun importe de 1.800.000 euros: O de Balaídos – aínda en obras – García Barbón, Canicouva, Rocío, Castelao e Carballal. Tamén afirmou estar cos proxectos do Villalaura e Frian Teis, e ter orzamento para outros dous máis. “11 patios de colexios cubertos en total”, sentenciou.