O Concello de Vigo concedeu 35 axudas de emerxencia para aloxamento

O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta, en declaracións remitidas aos medios, das 85 axudas concedidas na Comisión de Axudas de Emerxencia a pasada semana. O importe foi de 18.102,81 euros.

O alcalde detallou que 28 foron para o alugueiro, 6 para aloxamento e 1 crédito hipotecario. “Estamos a evitar os desafiuzamentos”, declarou o rexedor. O resto de achegas foron para pagar facturas e alimentación.

Desde que comenzou a pandemia o Concello concedeu 17.975 axudas de emerxencia que chegaron a 51.628 beneficiarios cun importe de 2.849.475 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha