O novo Plan Xeral en tramitación contén “un cambio de filosofía no urbanismo de Vigo”, en verbas do alcalde, Abel Caballero, que fará posible integrar as singularidades de 27 barrios da cidade coa mellora da calidade de vida do entorno. En lugar de facer “borrón e conta nova”, como acontecía co PXOM de 2008, agora se adapta a ordenación ás particularidades das zonas. O Plan Xeral aprobado no 2008 prevía “arrasar e conta nova” en espazos “deteriorados” da cidade, explicou Caballero, o que “rompería o sabor tradicional e produciría un dano enorme á xente que vive alí”. O novo planeamento urbanístico en marcha debulla outro modelo co que acondicionar estas zonas respectando os seus “sinais de identidade e as vivendas”, a través de 27 Plans Especiais de Protección de zona. Estas figuras permiten estudar con detalle a mellora da cidade de vida da cidadanía integrando o que xa existe e respectando as particularidades e singularidades dos distintos territorios.
29