O Concello de Vigo destina máis de 2,7 M€ ao novo parque de Bombeiros en Esturáns

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da contratación das obras do novo parque que albergará aos Bombeiros e Protección Civil nun edificio de case 2.000 metros cadrados.

“Vai ser un parque de bombeiros excepcionalmente importante, preparado para saír de emerxencia ata tres vehículos á vez. Os bombeiros estarán nunhas dependencias dignas”, avanzou o rexedor en rolda de prensa, ao detallar as características da nova dotación para Bombeiros e Protección Civil cuxa obra vén de adxudicarse por un importe de 2.724.000 euros.

As novas instalacións, emprazadas en Esturáns 2, nunha parcela de titularidade municipal o que facilita o inicio da obra contarán con soto, baixo, dúas plantas e un torreón cunha superficie útil de case 2000 metros cadrados e dotadas de sistema de climatización, renovación de aire e ventilación, sistema de recollida de pluviais e fecais, rede de megafonía, voz e datos, sistemas de seguridade e instalación de aire comprimido, sistema de protección contra incendios e dotación de ascensor na zona de uso do propio edificio. Ademais, contará cun aula de para a formación continua de bombeiros e voluntarios de Protección Civil, así como unha torre de manobras para prácticas de bombeiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha