40
O alcalde da cidade, Abel Caballero, participou este martes no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra que converterá a praza nun espazo “con decidida vocación de cultura ao aire libre”. Tal e como explicou Caballero, a humanización supoñerá a instalación de dúas pérgolas que acollerán áreas de descanso con zonas verdes, ampliará a superficie peonil máis dun 30%, as pérgolas terán paneis solares para dotar de enerxía as instalacións proxectadas e a iluminación. Tamén se dotará de novo mobiliario urbano e renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de auga, luz, electricidade, comunicacións e gas.