O alcalde, Abel Caballero, anunciou este martes que na primeira quincena de xaneiro comezarán a impartirse os dez cursos de formación para o emprego, enmarcados no plan «Vigo Emprega», dotados polo Concello cun presuposto de máis de 46.000 euros. O rexedor detallou que a oferta de cursos deseñados para propiciar a inserción e capacitación profesional está integrada por formación en xestión de equipos e organización do traballo en obras de construción; soldadura por arco baixo gas; pintura decorativa en construción; novos tratamentos para madeira; fontanería: novos materiais e instalacións solares; deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica; xardinería; tratamento do medio; igualdade de oportunidades e sensibilización ambiental.
31