O alcalde, Abel Caballero, detallou que co proxecto de melloras, o Parque infantil Camilo José Cela contará cunha ampla e “extraordinaria” renovación, xa que se instalará un pavimento de caucho antiimpactos. Ademais, instalaranse xogos con temática literaria, unha cama elástica, un balancín, e unha escalada.
O rexedor apuntou que a pista deportiva será obxecto dunha renovación total. Terá novas porterías e bancos.
A remodelación alcanza á zona biosaudable onde se cambiará o pavimento, e será dotado cunha bicicleta elíptica, barras paralelas, un air runner, e unha roda de estiramento e torsión.
O parque contará cunha nova iluminación, papeleiras, así como cunha fonte, e paneis informativos.
O alcalde apuntou que cas obras, “seguimos co proxecto de instalación de parques infantís e biosaudables en todo Vigo”.