O Concello de Vigo ofrerá ceas de Nadal ás persoas maiores que viven soas

1 minutes read

As persoas maiores de 80 anos que vivan soas e o soliciten recibirán unha cea de Nadal, unha iniciativa do Concello que, segundo dixo o alcalde, “é para celebrar o Nadal coa dignidade que merecen”.

Abel Caballero explicou que o Concello está a contactar coas máis de 540 persoas que viven soas en Vigo e utilizan o servizo de teleasistencia, ademais de estar na labor “de identificar a todas ás persoas que viven soas para darlles apoio”. “Todas aquelas persoas que están nos programas de Teleasistencia, o SAF e Xantar na Casa, teñen máis de 80 anos e viven soas terán unha cea de Nadal. Non hai límite”, afirmou o rexedor.

Tamén Caballero explicou que ao longo deste ano o Concello felicitou polo seu aniversario a máis de 132 persoas que utilizan estes servizos sociais e teñen máis de 85 anos. Estas persoas recibiron ese un menú especial no seu domicilio. “Eles elixen dentro dun menú amplo e atendémoslles coa dignidade que merecen”, setenciou