O Concello de Vigo peonaliza a contorna da Praza de Compostela

1 minutes read

O rexedor, Abel Caballero, informou en rolda de prensa do cambio que se aplicará no tráfico da Praza de Compostela desde o vindeiro martes, 23 de xuño, que, segundo expuxo, responde a unha «demanda cidadá».

A contorna da Alameda será semipeonil; os peóns terán prioridade de forma permanente e o tráfico rodado quedará restrinxido, excepto para residentes, acceso a garaxes, aparcamento, persoas de mobilidade reducida, transporte público e vehículos de carga e descarga, que deberán circular a 10 quilómetros por hora.

Ademais o goberno municipal está estudando a eficiencia das peonalizacións establecidas no resto da cidade durante o estado de alarma para favorecer o esparexemento cidadá e valorar, así, a súa continuidade ou non.