23
A xornada celebrarase o 7 de maio cunha actuación ao longo da rúa Venezuela. Previamente, haberá pasarrúas con todos os grupos participantes desde a praza do Rei hasta o seu punto respectivo de actuación. O Concello investirá 30.000 euros para a celebración deste estilo de música tradicional “para que ocupe as rúas da cidade”, dixo o alcalde. Abel Caballero fixo un chamamento aos grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións para que participen nesta festa.