O Concello de Vigo remodelará o parque de Navia que terá unha extensión de 90.000 m2

1 minutes read

O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta da aprobación do proxecto de mellora integral do parque Nelson Mandela, Navia. Con 90.000 m2, é o segundo máis grande de Vigo, logo de Castrelos. As actuacións desta primeira fase incluirán a apertura do novos itinerarios que permitan unha conexión máis directas no parque; os estanques converteranse en pequenos regatos, formando meandros de terra vexetados e zonas de pequenas fervenzas; plantación de arborado con case 200 unidades de gran porte e 4.000 m2 de superficie de plantación arbustiva; zona para cans, labirintos vexetais; reparación de pavimento danado; un auditorio ao aire libre; novo mobiliario urbano: 20 mesas na zona de merendeiro, 20 bancos no percorrido do paseo central, tumbonas, fontes, papeleiras, aparcabicis e mesas de Teqball. Este proxecto ademais remodelar o parque, permitirá reforestar Navia, explicou o rexedor. Unha vez licitado, o inicio das obras será inminente e, tan pronto remate a execución desta primeira fase, arrancará a segunda, concluíu.