O Concello de Vigo saca a concurso público a organización das actividades de Nadal


O Goberno de Vigo continúa coa tramitación da programación do Nadal para facilitar “a transparencia e a participación” das empresas interesadas en cada uno dos proxectos deseñados desde o Concello. Nunha presentación organizada na Alameda, Abel Caballero detallou os principais fitos incluídos na programación de 2021 na que figura novamente o Cíes Market, o mercado temático de Nadal e atraccións recreativas na Alameda, no entorno da Praza de Compostela, con medio centenar de casetas de venda con motivos de Nadal, parque de ocio, atraccións infantís, unha noria xigante (na confluencia coa rúa Colón) e unha rampla de xeo. A zona tamén acollerá iluminación e decoración de Nadal e un tren turístico polo centro urbano. O Concello, así mesmo, quere captar propostas atractivas ambientas na festividade e de carácter innovador, como espectáculos de inverno, atraccións 3D, obradoiros infantís ou atraccións acuáticas. Caballero finalizou a súa exposición salientando que a expectativa é que Vigo reciba “millóns de persoas” no próximo Nadal, tendo en conta a mellora da situación sanitaria.