26
O consistorio ten instalado nas súas dependencias municipais e nos centros deportivos de As Travesas, O Berbés e Bouzas 231 pictogramas para facilitar a relación das persoas con Trastorno do Espectro Autista e outras discapacidades coa administración. Trátase dun proxecto piloto posto en marcha polo Concello, tras a suxestión da Fundación Menela, que aportou os modelos das imaxes que poden atoparse en distintas áreas: rexistro, información, Policía Local, aseos e accesos, Salón de Plenos, Auditorio Municipal, concellerías, etc.