38
O Concello de Vigo ten tramitadas xa 3.200 solicitudes do Ingreso Mínimo Vital e ten atendido a máis de 4.000 persoas neste proceso. Para facilitar as xestións e garantir que tódalas solicitudes dispoñan da necesaria certificación do Padrón, o Concello chegou a un acordo doa Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social para o volcado automático de datos entre as dúas administracións. Así, o INSS remitirá de forma automatizada as solicitudes de empadroamento ao Concello e o Concello remítelle as acreditacións de forma automatizada tamén. Con este sistema, Vigo quere evitar atrasos ás persoas que teñan dereito ao cobro do Ingreso Mínimo Vital e pode facerse extensible ao resto de España.