O alcalde, Abel Caballero, anunciou que este mércores vacinaranse a 21 persoas sen teito que se suman ás 9 que recibiron a protección contra a covid o pasado luns. Deste xeito, o Concello continúa colaborando co Sergas na loxística de mobilizar a estas persoas para que poidan ser inmunizadas. Hai dous meses que o goberno local puxo a disposición do Sergas a súa loxística para localizar a estas persoas. A Xunta tamén aceptou a proposta municipal de facer un roteiro de rúa programada para vacinar “in situ” a todos aqueles que non queiran ou non poidan desprazarse ata o albergue.
O Concello de Vigo xa facilitou a vacinación de 30 persoas sen teito no albergue municipal
Vacina