O Concello de Vimianzo abre as inscricións para a excursión á Costa Brava

O Concello de Vimianzo abre dende o xoves 26 de xuño o período para inscribirse na excursión á Costa Brava, Girona (Cataluña). A iniciativa, que está destinada a veciños e veciñas de Vimianzo maiores de 55 anos, desenvolverase do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2025.

As inscricións pódense facer efectivas na área de Benestar Social ata completar o número máximo de participantes. As prazas, que son limitadas, iranse cubrindo por estrita orde de chegada.

Por motivos de organización para a reserva dos billetes de avión, é imprescindible presentar o DNI e que estea en vigor durante as datas de viaxe.

Para facilitar o pago da saída, darase a posibilidade de realizalo en varios prazos.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte