O Concello de Vimianzo agradécelle á Deputación as axudas para afrontar a crise da COVID-19

1 minutes read
  • A entidade provincial achegou máis de 400.000 euros a Vimianzo desde que comezou o 2020

O Concello de Vimianzo valora moi positivamente a xestión da Deputación Provincial da Coruña e o seu compromiso co papel que deben desenvolver as entidades locais como dinamizadoras do territorio. Aproveitando a visita do deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos José Manuel Lage Tuñas, o goberno local quixo agradecer persoalmente a implicación do organismo.

Desde que empezou o ano, o Concello de Vimianzo recibiu 479.030,25 euros, dos que 312.427,71 foron tramitados despois de ser aprobado o estado de alarma e 61.785,9 corresponden ao definido como POS COVID-19.

Entre eles, destacan os 94.506,04 euros para os servizos comunitarios municipais, os 45.904,60 euros para o Programa de Emprego Local, 14.700.00 euros da creación dun novo posto de traballo de técnico en xestión cultural, 15.435,60 euros para o Servizo de Turismo de Vimianzo e os 6.978,85 euros para o servizo de socorrismo.

‘A axilidade nos ingresos para facilitar a liquidez e a comunicación das axudas concedidas, foron pilar fundamental para superar a crise sanitaria’, sinalan desde o Concello.