O Concello de Vimianzo apoiará aos seus veciños nas revalorizacións colectivas dos terreos

Cedida

  • Catastro comprometeuse coa alcaldesa a solventar os posibles erros na replanificación plantexada

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantivo este mércores unha reunión co xerente do Catastro, Benito Bericochea, para tratar de poñer solución ao tema da valoración colectiva no municipio. «A veciñanza conta co total respaldo e compromiso do Concello e da xerencia do Catastro neste asunto», comentou Rodríguez á saída dunha reunión na Coruña á que tamén acudiron o avogado Manolo Roibás e o técnico municipal Julio Vázquez.

O obxectivo da mesma era o requerimento para asegurar a total garantía xurídica e urbanística no proceso de valoración colectiva no municipio. Desde Catastro comprométense a solventar os posibles erros na replanificación plantexada, dadas as diferencias que ditan as normas subsidiarias do Concello de Vimianzo.

A rexedora explica que se trata dun tema «de moita sensibilidade» para moitos veciños xa que quedan «desamparados», por iso agradeceu a implicación de Bericochea nun asunto «tan delicado coma este».

Por outra banda, a alcaldesa solicitará á Deputación da Coruña a posibilidade do «fraccionamento nos pagos atrasados derivados desta situación», pero que «nunca serán anteriores ao 2019, serán catro anos con efecto retroactivo». Tamén adiantou que desde o Concello se prestará asesoramento individual a todas as persoas afectadas.

Este venres terá lugar un novo encontro cunha empresa especializada neste tipo de tramitacións, e desde o goberno local agardan poder dar unha información máis detalladas á veciñanza sobre os pasos a seguir.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha