O Concello de Vimianzo colabora nunha xornada de sensibilización e recollida de residuos no río Grande

Vimianzo será escenario, o vindeiro venres 3 de outubro, dunha nova actividade de concienciación ambiental enmarcada no proxecto Mares Circulares, cunha xornada centrada na recollida de residuos nas beiras do río Grande e na sensibilización sobre a problemática do lixo mariño. Unha vez finalizados estes traballos, pecharase a actividade cun pequeno refrixerio.

As persoas interesadas en participar nesta xornada pódense inscribir previamente na ligazón habilitada, así como na Casa da Cultura. Recoméndase acudir con roupa cómoda e calzada axeitado, como zapatillas resistentes, botas de sendeirismo ou de auga, e que se empregue protección solar.

Para garantir a seguridade, aconséllase non descalzarse. As entidades organizadoras facilitarán luvas, bolsas para a recollida e separación dos residuos, así como gorras para as persoas participantes.

Desde o Concello reafirman, con iniciativas coma esta, o seu compromiso coa defensa e coidado do medio ambiente, apostando pola educación ambiental como ferramenta para afrontar os retos actuais.

Related posts

O Concello da Laracha programa en Caión novas actividades de sensibilización ambiental e dinamización turística

O PSOE da Laracha propón cambios no uso do Centro Sociocomunitario de Caión

O paro sobe en agosto na Costa da Morte e evidencia adependencia estacional do emprego, segundo a USO