- Os traballos terán un custo total de 220.744,72 euros euros
O Concello de Vimianzo acometerá as tarefas de renovación da capa de rodadura na estrada que une Tines e A Piroga, que contarán cun orzamento de 220.744,72 euros. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez e os responsables da empresa adxudicataria acudiron ata o lugar para observar o comezo das intervencións.
O obxecto das actuacións non é outro que o de pavimentar toda a vía con aglomerado, previa limpeza de cunetas e mellora das condicións de canalización e drenaxe da auga.
Ademais, prevese a instalación dunha reixa no lugar da Piroga para evitar a escorrentía de auga sobre a estrada autonómica AC-552, así como a realización dunha canle aberta á altura de Bamiro; solventando así as problemáticas relativas ás inundacións que se producían na zona.