O Concello de Vimianzo conta cun novo camión grúa

0 minutes read

O Concello de Vimianzo conta, desde hoxe, cun novo camión grúa adquirido ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Isto permitirá acometer traballos de limpeza, retirada de árbores e restos vexetais, mantemento de camiños, pistas forestais e zonas verdes, así como actuacións preventivas fronte a incendios forestais. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Víctor Manuel Muíño, e a edil de Promoción Económica, Beatriz Pazos, acompañaron á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na recepción da nova maquinaria.