O Concello de Vimianzo e a eléctica XEAL asinan un convenio de emerxencia social

Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo.

O Concello de Vimianzo e Xallas Electricidad y Aleaciones S.A. asinaron este xoves un convenio colaborativo para emerxencia social, no que a empresa metalúrxica se compromete a aportar 10.000 euros á administración vimiancesa.

Por ende, o Concello comprométese a empregar a aportación da empresa para emerxencias sociais como a cobertura de produtos de primeira necesidade a colectivos en especial vulnerabilidade, pago de facturas nos servizos primarios como luz e auga ou mercar material sanitario, como produtos de desinfección.

A Intervención do Concello de Vimianzo, tras o acordo, comprométese a emitir á empresa un informe de imputación do gasto polo importe da cantidade aportada, tendo que xustificar así que os gastos son destinados ao fin acordado.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer este “xigantesco xesto por parte dunha das máis importantes empresas do noso tecido industrial, que se suma á doazón dun lote de máis de 50 máscaras FFP2 que nos fixeron hai unhas semanas. Amosa o compromiso de todo o seu persoal coa crise sanitaria que estamos a vivir e con estes fondos axudaremos a moitas familias. Todo o pobo de Vimianzo agradécelles o xesto”, destacou a rexedora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha