O Concello de Vimianzo implementa o pago a través da súa páxina web

0 minutes read
  • Con este sistema os veciños poderán aboar multas ou pagar recibos sen ir ao banco

O Concello de Vimianzo dá un paso máis na implementación de sistemas que lle faciliten o día a día á veciñanza, poñendo en marcha a pasarela de pago “Cuaderno 60” para poder efectuar as transaccións a través da páxina web municipal.

Deste xeito, os veciños poderán efectuar tramitacións como o pago de recibos ou abono das multas grazas a un convenio con ABANCA. Tamén está previsto nun futuro provisionar ás oficinas municipais de varios TPV.