- Impermeabilizáronse ambos vasos, instalouse céspede artificial e tamén se aplicou unha nova capa de pintura
Este xoves, ás 15:00 horas, a piscina municipal de Vimianzo abriu as súas portas con varios cambios. En concreto o Concello impulsou unha mellora integral das instalación coa impermeabilización de ambos vasos, un novo peche, a instalación de céspede artificial e a aplicación dunha nova capa de pintura. Tamén se acondicionou a sala de máquinas.
Estas obras víanse como «imprescindibles”, destacou a rexedora, Mónica Rodríguez, xa que a piscina presentaba «un notorio nivel de deterioro 175. Con estas melloras «asegúrase que unha infraestrutura ao aire libre conta con materiais de calidade para resistir, ademais do uso diario, as inclemencias meteorolóxicas».
O horario de apertura será de martes a venres de 15:00 a 20:00 horas, mentres que na fin de semana abrirá de 14:00 a 20:00 horas. Será obrigatorio respectar as medidas sanitarias.
A vindeira semana poñerase en marcha unha infraestrutura pensada exclusivamente para nenos menores de 5 anos, mentres que ao longo do verán se organizarán diferentes cursos de natación en horario de 11:45 a 13:30 horas.