O Concello de Vimianzo impulsou unha viaxe de maiores a Tenerife

0 minutes read

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo impulsou unha viaxe a Tenerife Sur, na que participan máis de 100 maiores do municipio. Este luns visitaron a plantación de bananas na finca ‘Las Margaritas’, onde puideron coñecer máis de preto a singulariedade desta plantación autóctona, que caracteriza á illa. Os veciños e veciñas participantes estiveron acompañados/as pola concelleira de Benestar Social, María José Pose.