O Concello de Vimianzo ofrece axuda aos veciños máis necesitados

PIXABAY

Desde o Concello de Vimianzo emitiron un comunicado no que ofrecen os servizos municipais necesarios para axudar a quen o necesite. Recomendan que só se saia da casa para o estritamente necesario, a subministración de alimentos ou medicamentos, co fin de evitar ao máximo o contacto social, que non deixa de ser unha das causas máis importantes de risco á hora de poder contaxiarse ou transmitir o coronavirus. E senón, se teñen algunha dependencia ou dificultade, desde o Concello poñen ao dispor da veciñanza dous teléfonos de contacto por se alguén necesitase axuda e poder así ofrecerlla, e son os seguintes: 604 034 557 e 663 676 126.