O Concello de Vimianzo organiza coa recente chegada do outono as Xornadas Micolóxicas, dirixidas polo experto José M. Castro Marcote. Cerlebraranse na fin de semana do sábado 7 e domingo 8 de outubro. As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web do Concello ou escaneando o código QR dispoñible na cartelaría das redes sociais municipais.
O sábado 7 terá lugar unha charla na Casa da Cultura ás 10:00 horas. Nela Castro Marcote abordará o tema da micoloxía, explicando as diferentes clases de fungos que se poden atopar, como proceder á súa recollida e demais cuestións de interese.
A derradeira xornada, o domingo 8, será o día no que máis actividades hai plantexadas. A primeira delas é unha recolleita de cogomelos. Os participantes deberán estar ás 10:00 horas no Casa da Cultura para realizar a saída de campo. Despois da recolleita, a partir das 13:00 horas, procederase á clasificación e á súa degustación no campo da Areosa.
Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, ademais dunha cesta e unha navalla para a actividade do domingo.