O Concello de Vimianzo organiza unha excursión ao aquapark de Cerceda

1 minutes read

A viaxe será o vindeiro martes, 18 de xullo, e o prazo de inscricións está aberto. A Casa da Cultura será o punto de saída e chegada, previstas para as 10:30 e 19:00 horas, respectivamente. A actividade vai dirixida á rapazada nada entre os anos 2005 e 2013, sendo imprescindible que saiban nadar. Hai dispoñibles un total de 100 prazas e o custo da viaxe é de 10 euros. As inscricións poden realizarse a través da web municipal ou tamén de xeito presencial, na Casa da Cultura, ata o venres 14. Terán preferencia as rapazas e rapaces empadroados no municipio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?