O Concello de Vimianzo «pecha» as súas fronteiras ante o número de contaxios por coronavirus

1 minutes read
  • Esta medida provisional será aplicada durante sete días, e tan só se poderá saír da localidade por temas laborais ou médicos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, ordeou na mañá deste venres o peche perimetral do concello de Vimianzo, polo que durante sete días se lle aplicarán todas as medidas de restrición de nivel 3: ninguén poderá entrar ou saír do municipio se non é por temas laborais, de residencia habitual, ou temas sanitarios.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, rógalle á poboación “extrema prudencia e seguir en todo momento as recomendacións que nos emiten os organismos competentes en materia de Sanidade”. Con todo, “comunicaremos as medidas de xeito estricto en canto teñamos coñecemento da Xunta”, comenta.