O Concello de Vimianzo promoveu unha viaxe á Costa Brava para a veciñanza maior de 55 anos

O Concello de Vimianzo promoveu para esta primeira semana de outubro unha viaxe á Costa Brava destinada á terceira idade, para a veciñanza maior de 55 anos.

Desde o 30 de setembro e ata o vindeiro 7 de outubro as 83 persoas participantes estarán coñecendo e desfrutando dalgúns dos lugares máis característicos da zona.

Este mércores, 1 de outubro, coñeceron Girona e este xoves, día 2, visitaron Barcelona. Besalú, o castelo de Púbol e Blanes son algunhas das paradas para os vindeiros días.

Related posts

O Concello de Carballo saca á rúa un novo punto limpo móbil

Un Nadal de luces, encontros e emocións fará brillar Vimianzo máis que nunca

Unha rede nacional especializada no calote «do tocomocho» e «a estampiña» chegou ata Carballo