O Concello de Vimianzo proxecta un miradoiro sobre a ría de Cereixo

A ría de Cereixo é un enclave natural e paisaxístico dos máis significativos na localidade e que, en palabras da alcaldesa, Mónica Rodríguez, se “converterá noutro dos puntos senlleiros do municipio para admirar a paisaxe e o noso patrimonio natural”.

A Administración local obtivo unha subvención de 93.724,91 euros da Unión Europea a través do Fondo Marítimo da Pesca e Acuicultura (FEMPA) e da Xunta de Galicia, financiada nun 70 % polo FEMPA e un 30% pola Xunta de Galicia. Estímase que achegarán unhas 3000 persoas ao ano a visitar este elemento, dado que a súa ubicación está próxima ao Camiño de Santiago.

Está previsto instalar un panel interpretativo con código QR que derive a un espazo web para informar sobre Cereixo e a Costa da Morte, con referencias á historia, características medio ambientais, fauna e flora, xeografía e xeoloxía do lugar, características socio etnográficas, etc.

Elaboraranse tamén guías didácticas para visitas escolares para ser empregadas, a lo menos, por 4 centros da bisbarra e chegar a uns 500 alumnas e alumnos. Organizaranse tamén talleres divulgativos en centros educativos, así como para diversos colectivos.

En definitiva, non só será a instalación do miradoiro, tamén “dunha serie de accións que pretenden potenciar, promover e poñer en valor a nosa contorna natural e paisaxística”, define a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha