O Concello de Vimianzo reforza a seguridade viaria no acceso a Castromil, en Salto

O Concello de Vimianzo completou as obras no acceso a Castromil, en Salto, continuando así coa súa aposta pola mellora das infraestruturas viarias no ámbito rural.

Os traballos realizados incluíron a limpeza integral das gabias en ambas marxes, a reparación de baches e o perfilado dos mordentes nun 10% da superficie, empregando pedra de granulometría e un tratamento asfáltico semiprofundo. Posteriormente, aplicouse unha capa de rodaxe de 6 cm de aglomerado en quente en toda a plataforma.

A intervención completouse coa sinalización horizontal, co pintado de liñas de bordo e símbolos viarios, e vertical, coa colocación de sete sinais de stop, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, asegurou que este “é un novo exemplo do compromiso que mantemos coa mellora da accesibilidade no noso rural” e destacou que o obxectivo é “chegar, pouco a pouco, aos diferentes lugares do noso termo municipal para mellorar a conectividade e aumentar a seguridade en todos eles”.

As obras forman parte dun plan máis amplo de melloras viarias impulsado polo Concello, orientado a reforzar a mobilidade e a seguridade viaria e peonil no territorio.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte