- O municipio forma parte dun programa de compostaxe doméstica de SOGAMA
Continúa o reparto de composteiros en varias localidades da Costa da Morte. Se fai uns días veciños de Coristanco ou Camariñas adquirían un colector para poder crear o seu propio compost, esta semana destaca o Concello de Vimianzo ao ter instalados 250 composteiros dentro da campaña de reciclaxe que está desenvolvendo a través de SOGAMA.
A Xunta de Galicia, a través de fondos FEDER, xa subvencionara á administración vimiancesa 161 composteiros. Este mércores a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar, María José Pose, puideron comprobar de primeira man como se realizaba a instalación dun dos tantos que se repartiron.
Para participar no programa de compostaxe doméstica tan só é necesario contar cunha parcela de mínimo 50 metros cadrados. Os colectores son gratuítos.