O Concello de Zas abrirá o 14 de abril o seu primeiro ximnasio municipal

1 minutes read

O ximnasio, que se ubicará no pavillón de Baio, está equipado con dúas salas; unha de musculación e outra de cardio que en total suman uns 150 m2; así como vestiarios e aseos masculinos e femininos. As instalacións estarán abertas de luns a venres de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Tamén haberá un monitor que estará de luns a venres en horario de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Está aberto o prazo de inscrición para o uso das instalacións que será gratuíto ata o 30 de xuño. Para inscribirse é necesario completar unha ficha de inscrición indicando o horario de preferencia e entregala no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio. O uso das instalacións está indicado para as persoas maiores de 18 anos e para as de 16 a 18 anos, que deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?