Ata o vindeiro 12 de novembro, as familias empadroadas no municipio poden solicitar as axudas incluídas na Bolsa de Estudos 2025-2026 que concede o Concello de Zas. Os principais beneficiarios destas axudas serán as familias con menores recursos económicos do municipio sendo compatibles con calquera outra beca que perciban polo mesmo concepto.
O Concello de Zas destina a esta iniciativa un total de 29.100€ dos fondos municipais que se repartirán en 180 bolsas, cuxo importe vai dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen e dunha serie de baremos; tales como a situación económica familias, o número de membros que integren a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a.
Esta é unha iniciativa impulsada polo equipo de goberno do BNG de Zas e que se realiza dende hai case quince anos coa finalidade de colaborar coas familias que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e, desta forma, facer efectivo o principio de igualdade no dereito a educación.
Entre os requisitos para acceder a estas axudas figuran que a unidade familiar debe de estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas no presente curso escolar nas seguintes etapas e niveis educativos:
- Ensinanza Primaria.
- ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos (medios e superiores).
- Universidade (agás Másters e Estudos de Posgrao).
Como facer a solicitude?
As solicitudes poderán presentarse ata o 12 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Zas premendo no botón “Solicitud General” e a continuación “Iniciar trámite”; ou ben no Rexistro Xeral do Concello de Zas.
As persoas que soliciten a Bolsa de Estudos 2025-2026 deberán presentar a seguinte documentación:
- Solicitude: Anexo I (obrigatorio).
- Fotocopia do DNI do/da alumno/a e do solicitante (pai, nai ou titor) cando sexa menor de idade (obrigatorio).
- Fotocopia do Libro de familia (obrigatorio).
- Fotocopia da matrícula no centro escolar ou universitario ou certificado do centro, según Anexo II (obrigatorio).
- Fotocopia do Boletín de notas ou expediente académico das cualificacións do curso 2024/2025 (obrigatorio).
- Declaración responsable conforme o anexo III (obrigatorio).
- De ser o caso, fotocopia do certificado do grao de discapacidade no caso de que algún fillo esté afectado por ela, ou resolución de invalidez.
- Certificado da entidade bancaria no que conste o código de conta do cliente para percibir a axuda. O titular de dita conta deberá coincidir co solicitante da axuda (obrigatorio).
- Fotocopia da declaración da renda do ano 2024. As unidades familiares exentas desta obriga deberán acreditar a situación, xuntando a seguinte documentación: (obrigatorio).
- Para o membros activos laboralmente, certificado de Facenda do ano 2024.
- Acreditación, por calquera medio axustado a dereito, de percibir ou non algunha prestación ou pensión (INEM, Seguridade Social, Xunta…).
- No caso de ser familia monoparental, deberase aportar ademais:
- Sentenza de separación ou divorcio e/ou convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, ou xustificante de viuvez, de ser o caso.
Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da presente convocatoria: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251029090014561.html
 
  
 