Zas abre unha nova canle de información a través de Whatsapp

PIXABAY

O Concello de Zas vén de abrir unha nova canle de comunicación para a veciñanza a través da aplicación móbil Whatsapp; un dos servizos de mensaxería instantánea máis usados entre os dispositivos móbiles. Conectados contigo é unha iniciativa que xurde do Departamento de Cultura e que ten como obxectivo difundir ao instante información de interese municipal entre os/as veciños/as suscritos facendo que a relación sexa máis próxima e máis áxil. Para sumarse a esta iniciativa, aqueles veciños e veciñas interesadas deben de dar o seu consentimento expreso no número 663 776 504.