47
- Varios veciños recibiron chamadas de, supostamente, persoal municipal para entregarlles xel desinfectante nas súas vivendas
O Concello de Zas alertou á cidadanía, a través dun comunicado nas redes sociais, dunha posible estafa no municipio tras recibir varias queixas de veciños da localidade por recibir chamadas de persoal municipal ofrecendo xel desinfectante e concertando unha cita para levarllo ás propias casas.
Desde o Goberno local deixan claro que «non se está realizando ningunha acción deste tipo e que pode tratarse dunha posible estafa ou tamén aproveitar a ocasión para entrar nos inmobles e cometer un roubo».
Ante este tipo de situacións, recoméndase precaución e mesmo chamar ás forzas de seguridade a través do 091.