O Concello de Zas denuncia a censura da TVG sobre a noticia do estado dun poste de teléfono en Baio

Tal e como informan desde o Concello de Zas, a TVG recolleu a denuncia de dúas veciñas de Baio pola situación dun poste de Telefónica que levaba meses solto, supoñendo un perigo para as súas vivendas e para as persoas viandantes, especialmente durante os últimos temporais.

«Desde o Concello de Zas levabamos máis de medio ano avisando a Telefónica, realizando comunicacións reiteradas e incluso dando parte ao 112, sen obter resposta nin solución. A denuncia pública da veciña, co coñecemento e complicidade do concello foi o último recurso diante do ninguneo de telefónica. Esta denuncia fixo que ao día seguinte se procedese ao cambio do poste. O que non se contou completo foi que, na súa intervención, a veciña exculpaba expresamente ao Concello, recoñecendo que a responsabilidade era da empresa, imitando tamén o nome da empresa. Esa parte non foi emitida, xerando unha confusión intencionada», afirma desdo o Concello.

Non é a primeira vez que vemos como grandes compañías de telefonía e eléctricas actúan con prepotencia, ignorando durante meses e meses as reclamacións de veciños e administracións locais, incumplindo a lei cando lles interesa sin que teña consecuencias para eles.

Desde o Concello conclúen que seguirán defendendo a súa veciñanza e esixindo responsabilidades a quen corresponda.

Related posts

Ponteceso celebrará en maio a primeira Festa do Maior

Vieiro manterá activo ata o mes de maio o programa ‘Protego’

A Garda Civil detén a un home como presunto autor dun delito de furto en Arteixo