O Concello de Zas e Asociación Monte Brondo organizan o I Training Camp da Filloa

  • Será os días 29 e 30 de novembro en Zas no que as persoas participantes (30 prazas) terá a oportunidade de desfrutar deste deporte ampliando coñecementos e técnicas da man de diferentes expertos. 

O Concello de Zas e a Asociación Monte Brondo xa teñen en marcha o IX Trail da Filloa que se celebrará o 1 de febreiro de 2026. Coma sempre, as filloas e o patrimonio de Zas serán os protagonistas deste evento deportivo que “é un dos que teñen un maior número de participantes en toda Galicia e que é todo un referente entre os amantes do trail e das andainas”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; durante o acto de presentación do evento que tivo lugar este venres no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Ao igual que nas últimas edicións, disputaranse cinco probas diferentes que terán todas o pavillón municipal de Zas como o punto de chegada. Alí haberá filloas e caldo para todos os asistentes e coma sempre habilitaranse diferentes zonas de avituallamento no que se poderán degustar as filloas á pedra, un dos manxares máis coñecidos do noso municipio. Estas son as diferentes probas:

  • Trail Longo: 24 quilómetros
  • Trail curto: 18 quilómetros
  • Trailiño: 13 quilómetros
  • Andaina Longa: 20 quilómetros
  • Andaina curta: 12 quilómetros

Todas as saídas serán ás 09:00 horas con percorridos novos, zonas de aquaplanning e subidas ao Monte Brondo e ao Pico de Meda. No caso das Andainas, a maior parte do percorrido discorrerá pola Ruta da Auga combinando así o deporte coa posta en valor do noso patrimonio natural. O Alcalde aproveitou para recordar que é importante anotarse o antes posible xa que o número de prazas en cada unha das probas é limitado co fin de garantir a seguridade de todos/as participantes. As persoas interesadas xa se poden anotar a través da páxina de empa-t.com.

I Training Camp da Filloa

Unha das principais novidades desta novena edición do Trail da Filloa é trae unha actividade complementaria: O I Training Camp da Filloa, que se celebrará os días 29 e 30 de novembro en Zas no que as persoas participantes (30 prazas) terá a oportunidade de desfrutar deste deporte ampliando coñecementos e técnicas da man de diferentes expertos. 

Durante estas xornadas realizaranse dúas saídas guiadas polos adestradores Rubén Ínsua e Moncho Muíños; unha o sábado e outra o domingo pola mañá. Durante a tarde do sábado haberá diferentes charlas con especialistas en nutrición, podoloxía, fisioterapia e preparación física e tamén haberá un espazo para compartir experiencias que nos chegarán da man dos corredores locais José Manuel Santos e José Antonio Rodríguez, Finishers do Tor des Geants 330.

Hai dúas modalidades de participación; unha de 45€, que inclúe as dúas sesións de trail guiado, asistencia ás charlas, comidas e ceas e na que tamén se ofrece a posibilidade de aloxamento. E outra opción, ten un custe de 10€ para as persoas que só desexen asistir ás diferentes charlas que se celebrarán o sábado á tarde.

As inscricións poden realizarse a través do WhatsApp no número de teléfono 677 11 54 11.

Related posts

Vieiro pon en funcionamento o programa “Pais e Nais no Océano Educativo”

Detectado un foco de gripe aviaria en Cee

Vimianzo acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro